Wednesday 15 de May de 2024

O Concello de Neda continúa cos traballos de mellora da contorna da zona dos Subarreiros


O Concello de Neda continúa cos traballos de mellora da contorna da zona dos Subarreiros, un dos principais espazos de lecer ó aire libre do municipio. Así, nas últimas xornadas instalábanse novos columpios e acondicionábase o chan de caucho do parque infantil, coa reparación das zonas deterioradas.

A intervención completarase coa instalación de bancos na zona máis próxima á minipista para o descanso de pais, nais e avós/as.